Arquivo por etiquetas: tejón

O RASTRO DO TEIXUGO: PATA TRASEIRA

pisada teixugo Os atropelos constitúen unha das principais causas de mortalidade para os teixugos (Meles meles) con dous picos estacionais, primavera e finais de verán (Colino 2011; Colane, Clarke et al. 1998; Davies et al, 1987). Neste individuo atopado morto á beira da estrada que sube á Serra da Groba  podemos apreciar as unllas e os cinco dedos en paralelo que marcan nas súas características pisadas.

Advertisements

Parella de teixugos

meles meles anabam

A partir de xaneiro os teixugos (Meles meles) se emparellan; na secuencia, unha parella acode ata o campo de acción dun dos equipos de fototrampeo atraída polo isco na Serra da Groba.

AS SINAIS DO TEIXUGO

TEIXUGO2 ANABAM
Os teixugos (Meles meles) son unha das especies máis esquivas á hora de ser “capturadas” polos equipos de fototrampeo.

PISADAS TEIXUGO ANABAMA presenza de teixugos (Meles meles) se constata con facilidade a partir das súas pisadas sobre o terreo.

 

TEIXUGO (Meles meles)

Meles meles anabam 2

Os Teixugos (Meles meles) poden construir complicadas galerías con multitude de entradas que en ocasións son ocupadas por outras especies como Raposos ou Coellos. Un proxecto iniciado no 2013 promovido polo GCT-SECEM trata de establecer a distribución e abundancia destas estructuras na Península Ibérica:

http://iberianbadgersurvey.blogspot.com.es/p/tal-como-se-acordo-en-la-asamblea-del_27.html