Arquivo por etiquetas: fototrampeo

Donicela (Mustela nivalis)

A donicela (Mustela nivelis) é o máis pequeno dos nosos mustélidos. Cunha loxitude máxima que non supera os 26 cm ten unha alimentación especializada na captura de micromamíferos. A pesar de tratarse dunha especie relativamente frecuente as súas capturas polos equipos de fototrampeo non resulta habitual, en parte, pola especialización da súa dieta.

mustela_nivalis_1mustela_nivalis_2

Advertisements

CRÓNICA: OBRADOIRO DE FOTOTRAMPEO

http://elnaturalistacojo.blogspot.pt/2016/10/obradoiro-de-fototrampeo.html

El naturalista cojo

El pasado fin de semana tuve la ocasión de asistir, acompañado de mi buen amigo César, al primer obradoiro de fototrampeo impartido por la Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM). De la mano de Noé Ferreira Rodríguez, excelente divulgador, fuimos conociendo los detalles de este ambicioso proyecto que tiene como objetivo profundizar en el conocimiento de la fauna del Baixo Miño, prestando especial atención a los mamíferos carnívoros presentes en… [seguir lendo]

TEJON RANCH CONSERVANCY: WILD PIG MANAGEMENT (Xestión de xabarís)

Os xabarís (Sus scrofa) convertéronse nunha especie invasiva logo da súa introdución intencionada en moitas partes do mundo. Entre elas, a especie espallouse en 56 dos 58 condados de California dende a súa introdución na década de 1920.

En Tejon Ranch (California) desenvólvese un estudo sobre a xestión dos xabarís ilustrando os retos e compromisos da xestión da especie en California. O estudo inclúe o seguimento da especie para avaliar a abundancia relativa de xabarís en diferentes clases de vexetación.

Neste mes de agosto, un dos vídeos obtidos neste proxecto volveuse viral nas redes sociais con máis de catro millóns de visualizacións logo de ser compartido por UK News. Lamentablemente esta cadea de televisión no proporcionou información sobre o carácter científico do vídeo nin da fonte de onde foron obtidas as imaxes.

O vídeo foi gravado en Tejon Ranch polo biólogo Ben Teton, como parte do proxecto de estudo a longo prazo de xabarís como especie invasiva e as súas consecuencias ecolóxicas.  A gravación captura a predación dunha cría de xabarín por unha femia xove de oso negro (Ursus americanus). As chamadas de auxilio da cría alertan á matriarca do grupo que acode na súa defensa. Os autores non teñen coñecemento do desenlace desta escea, pero resaltan a importancia dos equipos de fototrampeo nos estudos de fauna salvaxe que revelan  a velocidade, forza e ferocidade dun oso negro con fame, pero tamén a tenacidade e fidelidade social do grupo de xabarís.

 

Video Vulpes vulpes

vulpes_vulpes

Ligazón ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=RtoYxHdqz3o&feature=youtu.be

A segunda fase do proxecto de fototrampeo no Baixo Miño tamén nos deixa agradables sorpresas. Habitualmente as cámaras configúranse para a obtención de series de 3 fotografías que proporcionan a información precisa para este proxecto e permiten almacenar gran número de imaxes de cada cuadrícula. Unha cámara mal configurada en modo vídeo nos deixa este vídeo dun raposo atraído polo isco, neste caso sardiñas en conserva.

FT-II: NOVO PROXECTO DE FOTOTRAMPEO NO BAIXO MIÑO

RAPOSO_RDS

O fototrampeo como método de estudio forma parte dos nosos traballos de campo dende o verán de 2013. Nese ano, cun único equipo, realizamos o seguimento de depredadores durante a tempada reprodutiva de píllara das dunas en Portugal. No 2014 aumentamos o material dispoñible e, xa con 9 equipos, ao longo dun ano efectuamos case 400 mostraxes cubrindo a totalidade da comarca do Baixo Miño.

TEIXUGO_RDS

Grazas a estes traballos coñecemos máis sobre a distribución dos carnívoros da comarca recollendo datos doutras especies como o corzo do que apenas tíñamos coñecemento da súa situación no Baixo Miño.

Por falla de experiencia previa, unha das principais dificultades coas que nos atopamos foi establecer o método de traballo máis axeitado para as peculiaridades da zona de estudo: hábitat moi fragmentado, vertebrado por numerosas vías de comunicación e cunha poboación dispersa que fai da comarca un territorio altamente humanizado.

ALGARIA_RDS

Con vistas a optimizar e homoxenizar futuros estudos puxemos en marcha dende este mes de xaneiro un novo proxecto de fototrampeo. Catro membros do grupo de traballo se encargarán de efectuar máis dun cento de mostraxes ao longo deste 2016. A través das mesmas pretendemos establecer un método estandarizado para o noso traballo adaptado ás nomeadas peculiaridades da comarca e a súa fauna. Para logralo valoraremos, entre outras, a efectividade de distintos cebos utilizados en traballos de fototrampeo na Península Ibérica, establecer o tempo mínimo de mostraxe ou determinar a unidade mínima de mostraxe para as distintas especies presentes no Baixo Miño.

PRIMEIROS RESULTADOS DO PROXECTO “FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO”

Coa chegada da primavera cumpriuse un ano dende que ANABAM puxo en marcha o proxecto “Fototrampeo Baixo Miño”. Ao longo deste ano de traballo realizáronse un total de 396 mostraxes na comarca do Baixo Miño con nove equipos de fototrampeo. Os datos rexistrados equivalen a un un total de 1.893 días de rexistro da actividade da nosa fauna.

gar

Por diante ven a tarea de procesar as máis de 26500 fotografías obtidas durante este ano e que comezan a arroxar os primeiros resultados.

Na imaxe que acompaña este texto podemos ver os puntos quentes da fauna de mamíferos carnívoros na comarca e que poden constituír a base de futuros plans de conservación dos hábitats de maior riqueza na rexión.

BIODIVERTITY_FTBM_ANABAM

Puntos quentes da fauna de mamíferos carnívoros no Baixo Miño definidos a través do resultados do proxecto “Fototrampeo Baixo Miño”.

Os datos obtidos corresponden a un total de cinco especies de carnívoros dos que, a partir de cinco días de mostraxe en cada cuadrícula (UTM, 1 x 1 Km), coñecemos a súa frecuencia na área de estudo. Pero ademais deste especies que focalizaron o estudo, distintas especies de aves e réptiles, xabarís, corzos e distintas de animais asociados ao home como vacas, cabalos, ovellas, cans e gatos formaron parte das fotografías obtidas polos equipos de fototrampeo.

O bolg posto en marcha para difundir a evolución e os resultados do proxecto acadou neste mes de xuño as 5.000 visitas. O traballo de campo concibiuse coma unha actividade aberta na que  permitiu que todas aquelas persoas interesadas en coñecer o fototrampeo como técnica de estudo puideran acompañarnos coñecendo a riqueza da nosa fauna. Deste xeito, ademais dos integrantes do grupo de traballo que dedicaron de xeito non lucrativo o seu tempo á colocación dos equipos, ao redor de vinte persoas participaron de xeito activo no proxecto.

cap

Captura de pantalla das visitas efectuadas por países ao blog adicado ao proxecto de fototrampeo no Baixo Miño: http://www.fototrampeobm.wordpress.com.

ENTREVISTA NO PROGRAMA “CUÍDATE” DE LOCALIA TV

 

Entrevista por parte de Santiago Marcuño e Mayka Varela no programa “Cuídate!” de Localia TV a Manuel A. Pombal e Noé Ferreira-Rodríguez, membros da xunta directiva de ANABAM, onde entre outras cuestións se pregunta acerca do proxecto de fototrampeo no Baixo Miño.