Arquivo por etiquetas: camara trap

ATOPADA A CARCASA DA CÁMARA ROUBADA E ESNAQUIZADA EN AREAS (TUI)

Por segunda vez consecutiva, no pasado mes de marzo sufrimos un roubo no municipio tudense, esta vez na parroquia de Areas, onde tiñamos instalada unha das nosas cámaras de fototrampeo. Foi arrancada violentamente do seu soporte e levada. 

A mediados do mesmo mes de marzo recibiamos unha chamada en ANABAM informándonos do achádego dos restos dunha das nosas cámaras de fototrampeo. A interlocutora foi unha rapaza de Areas, María, que observou “algo” no regato Regueiros. Sabía que hai unhas semanas nos desaparecera unha das cámaras nesa parroquia, polo que, de inmediato púxose en contacto con nós para comunicarnos o achádego.

    O membro de ANABAM, Javier Sánchez, responsable da colocación da cámara, trasladouse ata Areas para confirmar ou non que se trataba dunha das nosas cámaras, como así foi. Desapareceran as pilas e a tarxeta, e da cámara só quedaba parte da carcasa, xa que fora totalmente esnaquizada.

Estado no que se atoparon os restos da cámara. Como se aprecia, totalmente esnaquizada e sen posibilidade de arranxo e reutilización. 

Noso agradecemento á rapaza que se preocupou en notificarnos o achádego e a nosa repulsa a este tipo de actos que atentan contra o traballo altruísta da asociación.

Advertisements

XABARÍNS (Sus scrofa) NO REVOLCADEIRO

revolcadeiro anabam xabarin 1 revolcadeiro anabam xabarin 2

Os baños de barro ademáis de desparasitar teñen unha función sexual para os xabaríns (Sus scrofa) e na época de celo (inverno) só os machos dominantes teñen acceso a estes lugares.