Arquivo da categoría: Sen clasificar

Donicela (Mustela nivalis)

A donicela (Mustela nivelis) é o máis pequeno dos nosos mustélidos. Cunha loxitude máxima que non supera os 26 cm ten unha alimentación especializada na captura de micromamíferos. A pesar de tratarse dunha especie relativamente frecuente as súas capturas polos equipos de fototrampeo non resulta habitual, en parte, pola especialización da súa dieta.

mustela_nivalis_1mustela_nivalis_2

Recolonización do esteiro do Río Miño pola lontra (Lutra lutra)

As entrevistas persoais sobre a distribución da fauna tamén forman parte do proxecto “Fototrampeo Baixo Miño” que dende o ano 2013 desenvolve ANABAM. Nesta ocasión vimos de presentar os resultados obtidos a trabés de entrevistas sobre a recolonización do esteiro do Miño pola lontra no VIII Simpósio Ibérico sobre a bacia hidrográfica do Rio Minho celebrado entre os días 4 e 5 de novenbro de 2016 en Vila Nova de Cerveira (Portugal).

A lontra foi unha especie amplamente distribuída na Península Ibérica ata mediados do século vinte.  Neste traballo, a través dunha serie de entrevistas persoais desenvolvidas de 2012 a 2016, caracterizamos o proceso de recolonización do esteiro do Río Miño pola especie. Os resultados obtidos confirman que a participación activa dos diferentes actores resulta unha ferramenta chave na conservación de especies ameazadas. Un total de 24 citas foron recollidas nestes catro anos de traballo. Os testemuños dan conta dos derradeiros exemplares abatidos na segunda metade do século vinte. Así mesmo, dende o ano 2011 a especie comezou un proceso de recolonización que se completou no ano 2015. Dende 2013 tense coñecemento da reprodución, rexistrándose unha taxa de recolonización de 4,7 km·ano-1. A recolonización do esteiro do Río Miño poido acontecer a partir de poboacións existentes no norte de Portugal grazas a unha mellora na calidade do hábitat, o cese da presión cinexética e/ou á facilitación por especies exóticas invasivas (e.g. Procambarus clarkii) que constitúen unha importante fonte de alimentación.

noe_ferreira_rodriguez_anabam_2016

VIII Simpósio Ibérico sobre a bacia hidrográfica do Rio Minho

A fin de semana do 4 e 5 de novembro de 2016 estivemos en Vila Nova de Cerveira presentando no “VIII Simpósio Ibérico sobre a bacia hidrográfica do Rio Minho” un panel sobre a recolonización do esteiro do Miño pola lontra.

1_an_ncio_1_980_2500

O Simpósio Ibérico Sobre a Bacia Hidrográfica do Rio Minho reúne investigadores, estudantes e naturalistas de Portugal e de Galicia que teñen como obxetivo común transmitir e recibir información sobre o rio Minho.

A lontra estivo amplamente distribuída na Península Ibérica ata mediados do século vinte. Mais a presión cinexética e a perda de calidade do hábitat levaron a unha drástica diminución do rango de distribución da nutria. Esta tendencia foi xeneralizada en todo o continente europeo ata comezos do presente século no que se produce unha recuperación das poboacións e unha recolonización de vellos territorios. A escala local, a especie sobreviviu en cursos de auga do norte de Portugal (e.g. Río Âncora, Portugal). Neste traballo, a través de entrevistas persoais recollemos a  información dispoñible sobre a especie co obxectivo de reconstruír a recolonización do tramo final do Río Miño á vez que pomos de manifesto a importancia da transferencia de coñecemento entre os diferentes actores  na conservación de especies ameazadas.

lutra-lutra-mino-minho Imaxe dunha das derradeiras lontras cazadas a finais do século XX (anos 60-70) no esteiro do Río Miño e que conserva disecada un veciño da zona. Fotografía: Agustín Ferreira-ANABAM.

CRÓNICA: OBRADOIRO DE FOTOTRAMPEO

http://elnaturalistacojo.blogspot.pt/2016/10/obradoiro-de-fototrampeo.html

El naturalista cojo

El pasado fin de semana tuve la ocasión de asistir, acompañado de mi buen amigo César, al primer obradoiro de fototrampeo impartido por la Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM). De la mano de Noé Ferreira Rodríguez, excelente divulgador, fuimos conociendo los detalles de este ambicioso proyecto que tiene como objetivo profundizar en el conocimiento de la fauna del Baixo Miño, prestando especial atención a los mamíferos carnívoros presentes en… [seguir lendo]

Marcando territorio

As xenetas, de hábitos solitarios e territoriais, dependen da comunicación química para marcar o territorio. Unhas glándulas odoríferas moi desenvolvidas localizadas na base da cola producen unha substancia untuosa para marcar o territorio cando son refregadas.

Video Vulpes vulpes

vulpes_vulpes

Ligazón ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=RtoYxHdqz3o&feature=youtu.be

A segunda fase do proxecto de fototrampeo no Baixo Miño tamén nos deixa agradables sorpresas. Habitualmente as cámaras configúranse para a obtención de series de 3 fotografías que proporcionan a información precisa para este proxecto e permiten almacenar gran número de imaxes de cada cuadrícula. Unha cámara mal configurada en modo vídeo nos deixa este vídeo dun raposo atraído polo isco, neste caso sardiñas en conserva.