Arquivo da categoría: 9. FAUNA

Donicela (Mustela nivalis)

A donicela (Mustela nivelis) é o máis pequeno dos nosos mustélidos. Cunha loxitude máxima que non supera os 26 cm ten unha alimentación especializada na captura de micromamíferos. A pesar de tratarse dunha especie relativamente frecuente as súas capturas polos equipos de fototrampeo non resulta habitual, en parte, pola especialización da súa dieta.

mustela_nivalis_1mustela_nivalis_2

Advertisements

Marcando territorio

As xenetas, de hábitos solitarios e territoriais, dependen da comunicación química para marcar o territorio. Unhas glándulas odoríferas moi desenvolvidas localizadas na base da cola producen unha substancia untuosa para marcar o territorio cando son refregadas.

O RASTRO DO TEIXUGO: PATA TRASEIRA

pisada teixugo Os atropelos constitúen unha das principais causas de mortalidade para os teixugos (Meles meles) con dous picos estacionais, primavera e finais de verán (Colino 2011; Colane, Clarke et al. 1998; Davies et al, 1987). Neste individuo atopado morto á beira da estrada que sube á Serra da Groba  podemos apreciar as unllas e os cinco dedos en paralelo que marcan nas súas características pisadas.

Capreolus capreolus (Corzo)

corzo_1

As capturas de corzo (Capreolus capreolus) conseguidas no proxecto “Fototrampeo Baixo Miño” son escasas. Esta serie de imaxes corresponde ao terceiro rexistro da especie na comarca ao abeiro do proxecto.

corzo_2A presenza da especie está documentada nos xacementos arqueolóxicos dende época castrexa en Galicia.

corzo_3

Dende finais da década dos 90 ata a actualidade a especie recolonizou a comunidade dende a metade oriental ata a costa atlántica.