Arquivo da categoría: 9.3. PEGADAS E SINAIS

AS PEGADAS E SINAIS DOS XABARÍNS

As pegadas amosan en moitos casos as pezuñas secundarias (dependerá en parte do peso do animal ou da consistencia do barro) o que as fai inconfundibles con outras especies, pero non sempre é así e na meirande parte das ocasión só poderemos ver a pezuñas principais cun tamaño duns 5 centímetros.

NFR_ANABAM_VILAR_SUS_SCROFA

Pegadas de xabaríns (Sus scrofa) no Regato Vilar (Concello de Oia, Pontevedra). Fotografía: NFR-ANABAM.

No revolcadeiro (bañadoiro ou baña) o barro proporciona aos xabarís unha capa protectora fronte aos insectos. Tamén teñen unha función sexual e durante a época de celo só os machos dominantes acceden a estes lugares (https://fototrampeobm.wordpress.com/2014/08/23/xabarins-sus-scrofa-no-revolcadeiro/).

NFR_ANABAM_LOUREZA_SUS_SCROFA

Revolvadeiro ou baña de xabarín en Loureza (Concello de Oia, Pontevedra). Fotografía: NFR-ANABAM.

AFL_ANABAM_CAMPOSANCOS_SUS_SCROFA (2)

Revolvadeiro de xabaríns no piñeiral de Camposancos (Concello de A Guarda, Pontevedra). Fotografía: AFL-ANABAM.

Nas proximidades do revolcadeiro é frecuente atopar árbores onde os xabarís se refregan e afían os caninos (rascadeiros e afiadeiros) arrincando a codia e que son visitados frecuentemente. Nestes troncos  podemos atopar restos da pelaxe do animal que quedan enganchados na codia.

AFL_ANABAM_CAMPOSANCOS_SUS_SCROFA (3)

Rascadeiro de xabarín no piñeiral de Camposancos (Concello de A Guarda, Pontevedra). Fotografía: AFL-ANABAM.

As fozas son outra das sinais inequívocas da presenza de xabaríns e nelas levantan tramos de terreo na procura de alimento, maiormente raíces e cogomelos.

AFL_ANABAM_CAMPOSANCOS_SUS_SCROFA

Foza de xabarín no piñeiral de Camposancos (Concello de A Guarda, Pontevedra). Fotografía: AFL-ANABAM.

Máis información sobre a especie:

http://www.anabam.org/FAUNA.PEGADAS.html

http://www.rios-galegos.com/mam10.htm#as_súas_pegadas: