Arquivo da categoría: 9.1.92 Corzo (Capreolus capreolus)

Capreolus capreolus (Corzo)

corzo_1

As capturas de corzo (Capreolus capreolus) conseguidas no proxecto “Fototrampeo Baixo Miño” son escasas. Esta serie de imaxes corresponde ao terceiro rexistro da especie na comarca ao abeiro do proxecto.

corzo_2A presenza da especie está documentada nos xacementos arqueolóxicos dende época castrexa en Galicia.

corzo_3

Dende finais da década dos 90 ata a actualidade a especie recolonizou a comunidade dende a metade oriental ata a costa atlántica.

Advertisements

CORZO (Capreolus capreolus)

corzo_2_anabamNon é o obxeto principal deste estudo pero a pesar da escasa calidade das imaxes, a aparición do corzo (Capreolus capreolus) entre as fotografías captadas polos equipos de fototrampeo é motivo de ledicia polo infrecuente que resulta a súa observación na comarca.

CORZO (Capreolus capreolus)

capreolus capreolus anabam

Os Corzos (Capreolus capreolus) case desapareceran de Galicia a finais do Século XX pola caza indiscriminada. Hoxe a especie está en expansión e é abundante en moitas partes da comunidade, principalmente na parte oriental,  como froito das repoboacións levadas a cabo.