Arquivo da categoría: 9.1.2. Raposo (Vulpes vulpes)

Video Vulpes vulpes

vulpes_vulpes

Ligazón ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=RtoYxHdqz3o&feature=youtu.be

A segunda fase do proxecto de fototrampeo no Baixo Miño tamén nos deixa agradables sorpresas. Habitualmente as cámaras configúranse para a obtención de series de 3 fotografías que proporcionan a información precisa para este proxecto e permiten almacenar gran número de imaxes de cada cuadrícula. Unha cámara mal configurada en modo vídeo nos deixa este vídeo dun raposo atraído polo isco, neste caso sardiñas en conserva.

Vulpes vulpes

rapobm

A alimentación do raposo (Vulpes vulpes) varía en función da dispoñibilidade de presas e, en xeral, predomina a alimentación a base de coellos no sur da Península e  a base de pequenos mamíferos, froitos e sementes no norte.

RAPOSO, PEZA DE CAZA MENOR

Para a seguridade dos integrantes do Grupo de Traballo e como posible condicionante á hora de explicar os datos obtidos, no desenvolvemento do proxecto é fundamental coñecer datos como:

Según a Lei de Caza, o raposo (Vulpes vulpes) está considerado como peza de caza menor no período que vai do 17 de agosto ata o 18 de octubro (2014) e do 7 de xaneiro ata o 8 de febreiro (2015).

raposo zaca