Arquivo da categoría: 9.1. Mamíferos

Donicela (Mustela nivalis)

A donicela (Mustela nivelis) é o máis pequeno dos nosos mustélidos. Cunha loxitude máxima que non supera os 26 cm ten unha alimentación especializada na captura de micromamíferos. A pesar de tratarse dunha especie relativamente frecuente as súas capturas polos equipos de fototrampeo non resulta habitual, en parte, pola especialización da súa dieta.

mustela_nivalis_1mustela_nivalis_2

Advertisements

Recolonización do esteiro do Río Miño pola lontra (Lutra lutra)

As entrevistas persoais sobre a distribución da fauna tamén forman parte do proxecto “Fototrampeo Baixo Miño” que dende o ano 2013 desenvolve ANABAM. Nesta ocasión vimos de presentar os resultados obtidos a trabés de entrevistas sobre a recolonización do esteiro do Miño pola lontra no VIII Simpósio Ibérico sobre a bacia hidrográfica do Rio Minho celebrado entre os días 4 e 5 de novenbro de 2016 en Vila Nova de Cerveira (Portugal).

A lontra foi unha especie amplamente distribuída na Península Ibérica ata mediados do século vinte.  Neste traballo, a través dunha serie de entrevistas persoais desenvolvidas de 2012 a 2016, caracterizamos o proceso de recolonización do esteiro do Río Miño pola especie. Os resultados obtidos confirman que a participación activa dos diferentes actores resulta unha ferramenta chave na conservación de especies ameazadas. Un total de 24 citas foron recollidas nestes catro anos de traballo. Os testemuños dan conta dos derradeiros exemplares abatidos na segunda metade do século vinte. Así mesmo, dende o ano 2011 a especie comezou un proceso de recolonización que se completou no ano 2015. Dende 2013 tense coñecemento da reprodución, rexistrándose unha taxa de recolonización de 4,7 km·ano-1. A recolonización do esteiro do Río Miño poido acontecer a partir de poboacións existentes no norte de Portugal grazas a unha mellora na calidade do hábitat, o cese da presión cinexética e/ou á facilitación por especies exóticas invasivas (e.g. Procambarus clarkii) que constitúen unha importante fonte de alimentación.

noe_ferreira_rodriguez_anabam_2016

Marcando territorio

As xenetas, de hábitos solitarios e territoriais, dependen da comunicación química para marcar o territorio. Unhas glándulas odoríferas moi desenvolvidas localizadas na base da cola producen unha substancia untuosa para marcar o territorio cando son refregadas.

Video Vulpes vulpes

vulpes_vulpes

Ligazón ao vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=RtoYxHdqz3o&feature=youtu.be

A segunda fase do proxecto de fototrampeo no Baixo Miño tamén nos deixa agradables sorpresas. Habitualmente as cámaras configúranse para a obtención de series de 3 fotografías que proporcionan a información precisa para este proxecto e permiten almacenar gran número de imaxes de cada cuadrícula. Unha cámara mal configurada en modo vídeo nos deixa este vídeo dun raposo atraído polo isco, neste caso sardiñas en conserva.

O RASTRO DO TEIXUGO: PATA TRASEIRA

pisada teixugo Os atropelos constitúen unha das principais causas de mortalidade para os teixugos (Meles meles) con dous picos estacionais, primavera e finais de verán (Colino 2011; Colane, Clarke et al. 1998; Davies et al, 1987). Neste individuo atopado morto á beira da estrada que sube á Serra da Groba  podemos apreciar as unllas e os cinco dedos en paralelo que marcan nas súas características pisadas.

Capreolus capreolus (Corzo)

corzo_1

As capturas de corzo (Capreolus capreolus) conseguidas no proxecto “Fototrampeo Baixo Miño” son escasas. Esta serie de imaxes corresponde ao terceiro rexistro da especie na comarca ao abeiro do proxecto.

corzo_2A presenza da especie está documentada nos xacementos arqueolóxicos dende época castrexa en Galicia.

corzo_3

Dende finais da década dos 90 ata a actualidade a especie recolonizou a comunidade dende a metade oriental ata a costa atlántica.