Arquivo da categoría: 7. OUTRAS EXPRIENCIAS

TEJON RANCH CONSERVANCY: WILD PIG MANAGEMENT (Xestión de xabarís)

Os xabarís (Sus scrofa) convertéronse nunha especie invasiva logo da súa introdución intencionada en moitas partes do mundo. Entre elas, a especie espallouse en 56 dos 58 condados de California dende a súa introdución na década de 1920.

En Tejon Ranch (California) desenvólvese un estudo sobre a xestión dos xabarís ilustrando os retos e compromisos da xestión da especie en California. O estudo inclúe o seguimento da especie para avaliar a abundancia relativa de xabarís en diferentes clases de vexetación.

Neste mes de agosto, un dos vídeos obtidos neste proxecto volveuse viral nas redes sociais con máis de catro millóns de visualizacións logo de ser compartido por UK News. Lamentablemente esta cadea de televisión no proporcionou información sobre o carácter científico do vídeo nin da fonte de onde foron obtidas as imaxes.

O vídeo foi gravado en Tejon Ranch polo biólogo Ben Teton, como parte do proxecto de estudo a longo prazo de xabarís como especie invasiva e as súas consecuencias ecolóxicas.  A gravación captura a predación dunha cría de xabarín por unha femia xove de oso negro (Ursus americanus). As chamadas de auxilio da cría alertan á matriarca do grupo que acode na súa defensa. Os autores non teñen coñecemento do desenlace desta escea, pero resaltan a importancia dos equipos de fototrampeo nos estudos de fauna salvaxe que revelan  a velocidade, forza e ferocidade dun oso negro con fame, pero tamén a tenacidade e fidelidade social do grupo de xabarís.

 

PROXECTO “GATO BRAVO”

O Grupo Naturalista Hábitat desenvolve o proxecto “Gato bravo en Galicia” co obxectivo de ampliar o coñecemento sobre a distribución e abundancia do gato bravo (Felis silvestris) en Galicia, ademais de realizar unha aproximación á súa presenza histórica.

Ligazón ao proxecto premendo na imaxe:

gatobravohabitat

Tamén dende o ano 2009 a “Asociación para la Conservación y Estudio de la Naturaleza de Valladolid (ACENVA)”  realiza o seguimento do gato bravo “Felix silvestris” na provincia de Valladolid recollendo datos de outras especie de mamíferos carnívoros terrestres.

Máis información sobre o proxecto en Valladolid premendo na imaxe:

Proyecto Gato Bravo

FOTOTRAMPEO DO GEAS: CARNÍVOROS MEDIANOS

Dende o o blog “Carnívoros Medianos” do Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes (GEAS, http://www.grupogeas.org) amosan os resultados obtidos durante os últimos anos (2008 – 2012) nun proxecto de fototrampeo de caracter estacional en Rois (A Coruña).

PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER

Fonte da imaxe: http://carnivorosmedianos.blogspot.com.es.

Fototrampeo en Galicia

Proxecto científico de seguimento dunha comunidade de mamíferos nun monte típico galego (Serra do Suído), mediante o uso de cámaras con sensor. Da autoría de Raúl de la Mata Pombo e Gonzalo Mucientes Sandoval, financiado polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán e pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER
canis lupusFonte da imaxe: http://www.fototrampeo.blogspot.com.es/.