Arquivo da categoría: 5. MÁIS FOTOTRAMPEO

O CEBO NO FOTOTRAMPEO

Un dos primeiros interrogantes á hora de por en marcha un proxecto de fototrampeo como técnica de estudo ou, simplemente iniciar unha experiencia con este método de traballo, é o isco ou cebo a utilizar para atraer ás diferentes especies.

IMAG0427

Raposo (Vulpes vulpes) seguindo o rastro oloroso do cebo. Fotografía obtida no Proxecto FOTOTRAMPEO BAIXO MIÑO (ANABAM).

Ao longo dos anos e a partir de numerosas experiencias levadas a cabo en todo o mundo, foi posible determinar algún cebos que resultan selectivos para unha especie en particular ou outros que de xeito máis xeneralista  aínda que, en ocasión menos efectivo, permiten atraer a un abano máis amplo de especies ata os equipos fotográficos.

A eficacia destes iscos vai a depender entre outros factores, da especificidade do cebo utilizado, da dispoñibilidade de alimento no medio ou das condicións climáticas que favorezan a mobilidade dos animais e a dispersión da sinal olorosa.

Polo xeral os cebos, independentemente de cal utilicemos, situaranse a unha distancia de entre 2 e 3 metros do equipo de fototrampeo. Como todo, este parámetro vai a variar en función da especie concreta á que vaia dirixido o estudo. Deste xeito se o que queremos é afondar no coñecemento da fauna de micromamíferos dunha rexión, o isco situarase o máis preto posible da cámara para poder discernir os rasgos de cada especie en particular. Se pola contra o que queremos e realizar un estudo e grandes mamíferos, a distancia debe ser a suficiente para que as fotografías non saian veladas e o ángulo de captura permita abarcar todo o animal na imaxe.

Os cebos máis xeneralistas mesturan diferentes elementos para atraer ao maior número de especies posible. Deste eito unha combinación de de millo,  trigo, comida para cans, améndoas e unha lata de sardiñas con aceite de oliva resultou útil para obter rexistros de aves como a perdiz ou a pega con boa visión e olfacto ademais de mamíferos como o coello ou o xabarín.

Ao amparo de proxectos como “Gato montés-VOLCAM 2011” noméanse algúns tipos de cebos utilizados para o estudo da fauna por fototrampeo, entre os que figuran: carne, peixe, marisco, pel de coello, area con mexo de gato, sardiñas en lata, e isco vivo como os propios coellos e pombas.

Noutros estudos realizados con especies tropicais utilizáronse de vísceras de res, polo, alimento para gato en forma croquetas ou a modo de guisado, sardiña en lata, cenoria, papaia, cogombro, mazá ou sal en gran.

Unha gran especificidade alcánzase co uso de feromonas, substancias químicas segregadas polos seres vivos e que provocan comportamentos específicos en individuos da mesma especie, indicando o estado de saúde ou a dispoñibilidade sexual. Xunto co uso de ouriños e extractos glandulares, o uso de feromonas é común no estudio das poboacións de lobo co fototrampeo.

Sen embargo, as distintas substancias utilizadas como atraentes non soe resultar efectivo no caso de especies moi especializadas no que a súa alimentación se refire. Deste xeito a Donicela, especie moi especializada na captura de micromamíferos, amosa taxas de captura moi baixas na meirande parte dos proxectos desenvolvidos.

Outras especies son de doado rexistro e a súa curiosidade innata as leva a inspeccionar calquera rastro oloroso que atopan. Experiencias encamiñadas a realizar estudos xenéticos con raposos resultaron efectivas ao utilizar iscos tan diversos como sardiñas en aceite, améndoas ou carroña.

As nomeadas sardiñas en lata, ademais de ser efectivas á hora de obter rexistros para raposo, tamén resultaron de utilidade para a “captura” de xenetas e garduñas.

Sumándose aos citados, as referencias consultadas nomean cebos tan diversos como ovos de galiña caseiros, anacos de polo ou outros non tan comúns como o ácido caproico ou o tetrahepta linoeico.

Algúns cebos que resultaron efectivos para distintas especies:

Especie Cebo
Gato montés Isco vivo (pomba)
Xeneta e Raposo  (tamén para Martaraña e Garduña) Sardiñas en lata
Lince Isco vivo (pombo, coello)
Mapache Manteiga de cacahuete (ovos de galiña e nubes de azucre)
Teixugo Cabeza de galiña
Rato de campo Pan mollado en aceite rancio (frito) de oliva ou cacahuetes
Aves rapaces Pomba morta ou viva (peixe para aguia pescadora)
Advertisements

MANUAL DE FOTOTRAMPEO PHANTERA COLOMBIA

Manual de fototrampeo deseñado e adaptado para a captura de especies tropicais en Colombia. Da autoría de Angélica Díaz-Pulido e Esteban Payán Garrido está editado por Panthera Colombia e nel se reflicte unha breve historia da técnica, uso das cámaras, deseño de mostraxes ou como analizar os datos obtidos.

fot

 

PREMER PARA ENLACE AO MANUAL