Arquivo da categoría: 1. ANABAM

TIN

tin

Tin segue os movementos da fauna na parte máis meridional do Baixo Miño, en 29 km2 que cobren a totalidade do Concello da Guarda e que inclúen unhas das áreas de maior interese ornitolóxico de Galicia, o esteiro do Miño ademais dos montes Trega e Terroso.

Advertisements

RICARDO FPV

Ricardo ANABAM

Nun área xeográfica que se estende dende a costa Atlántica do Concello do Rosal, pasando polo val do Tamuxe e o comezo da Serra do Argallo ata as ribeiras do tramo medio do esteiro do Miño, Ricardo ten un campo de acción de 70 km2 no que coloca os equipos de fototrampeo rexistrando os movementos da fauna nesta parte do Baixo Miño.

JAVIER E SILVIA

JASIL ANABAM

Javier e Silvia teñen o seu radio de acción centrado no Concello de Tui, aínda que o seu campo de traballo tamén inclúe unha pequena parte no leste do Concello de Tomiño. Son un total de 82 km2 que percorren para colocar os equipos de fototrampeo e que abranguen espazos  como o Parque Natural do Monte Aloia na Serra do Galiñeiro, parte das ribeiras do Miño ou o tramo final do Río Louro.

Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM)

No ano 1985, nacía oficialmente na Guarda (Galicia) a Asociación Naturalista “Baixo Miño” (ANABAM), entidade non lucrativa con ideais ecoloxistas e naturalistas, totalmente independente e non vinculada nin a partidos políticos nin a empresas.

O territorio onde ANABAM desenvolve a súa actividade é a comarca galego-portuguesa do Baixo Miño. No que respecta á marxe galega, actúa nos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui. No que respecta á marxe portuguesa, as diferentes accións lévanse a cabo nos concellos de Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira, Caminha, Afife e na feligresía de Paçô.

O idioma oficial da asociación é o galego.

Esta entidade conservacionista finánciase coas cuotas dos asociados, donativos, subvencións, etc.

Os seus obxectivos e actividades resúmense en cinco campos:

-Investigación e Estudo da patrimonio natural.
-Protección e Conservación da paisaxe, da flora e da fauna.
-Educación Ambiental
-Divulgación

ANABAM forma parte da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños).

Entre os proxectos que a asociación leva a cabo atopamos novidosas experiencias como a creación dun bosque de érbedos (Arbutus unedo) para a bolboreta de catro colas (Charaxes jasius) ou proxectos de ámbito internacional como a protección dos niños de píllara da dunas (Charadrius alexandrinus) nos areais do Baixo Miño galego-portugués.