FT-II: NOVO PROXECTO DE FOTOTRAMPEO NO BAIXO MIÑO

RAPOSO_RDS

O fototrampeo como método de estudio forma parte dos nosos traballos de campo dende o verán de 2013. Nese ano, cun único equipo, realizamos o seguimento de depredadores durante a tempada reprodutiva de píllara das dunas en Portugal. No 2014 aumentamos o material dispoñible e, xa con 9 equipos, ao longo dun ano efectuamos case 400 mostraxes cubrindo a totalidade da comarca do Baixo Miño.

TEIXUGO_RDS

Grazas a estes traballos coñecemos máis sobre a distribución dos carnívoros da comarca recollendo datos doutras especies como o corzo do que apenas tíñamos coñecemento da súa situación no Baixo Miño.

Por falla de experiencia previa, unha das principais dificultades coas que nos atopamos foi establecer o método de traballo máis axeitado para as peculiaridades da zona de estudo: hábitat moi fragmentado, vertebrado por numerosas vías de comunicación e cunha poboación dispersa que fai da comarca un territorio altamente humanizado.

ALGARIA_RDS

Con vistas a optimizar e homoxenizar futuros estudos puxemos en marcha dende este mes de xaneiro un novo proxecto de fototrampeo. Catro membros do grupo de traballo se encargarán de efectuar máis dun cento de mostraxes ao longo deste 2016. A través das mesmas pretendemos establecer un método estandarizado para o noso traballo adaptado ás nomeadas peculiaridades da comarca e a súa fauna. Para logralo valoraremos, entre outras, a efectividade de distintos cebos utilizados en traballos de fototrampeo na Península Ibérica, establecer o tempo mínimo de mostraxe ou determinar a unidade mínima de mostraxe para as distintas especies presentes no Baixo Miño.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s